Portal de noticias turísticas y su impacto en el territorio

Opiniones, comentarios y actualidad del turismo

miércoles, 21 de julio de 2010

Feira Medieval en Noia

Pódese considerar como a 1ª gran festa do verán en Noia e comarca. Vai pola súa 13ª edición e cada ano vanse pulindo pequenas cousas que a fan cada vez máis atractiva.

A FEIRA MEDIEVAL de NOIA ten un poder de convocatoria igual ou superior ao que ten o San Marcos ou as festas de agosto. É tal o número de visitas que se reciben en dous días que se triplíca a poboación de Noia. Isto, está claro, tamen ten os seus inconvintes, pero penso que esas son as tarefas que se teñen que ir plantexando e dándolles solucións. O aparcamento, a circulación, o posicionamento dalgúns postos que provocan embudos, etc., son as problemáticas que hai que intentar mitigar na medida do posible e das nosas capacidades.



Hai que considerar a Feira Medieval como un Producto Turístico maduro, que xa está "institucionalizado" nos habitantes de Noia e da súa bisbarra e que ao mesmo tempo xa posúe un bo cartel no "catálogo" de festas galegas.

Isto implica que non podemos caer no erro de creernos que xa está todo feito, xa que este tipo de "festa" que ten a súa réplica en moitos outros concellos de Galicia, necesita innovar cada ano para ofrecer cousas distintas os visitantes, e o mesmo tempo intentar que teñan un gran compoñente "autóctono" ou local, no cal se poñan de manifesto as nosas formas de traballo e a nosa "historia".



As relacións coa vida mariñeira, os artesáns que existiron en Noia, o noso patimonio, ás lendas, ás xentes,etc., son toda unha oportunidade de ir mellorando cada ano unha festa tan importante coma esta.



Outra dás tarefas que hai que mellorar é a promoción, e non a que se fai na radio ou na prensa; hai que ter presenza en feiras de nivel nacional, igual que fai Ferrol coa súa Semana Santa, e o mesmo tempo ter a capacidade de "vender" os nosos "productos turísticos" ás axencias comercializadoras de viaxes planificados.

Para isto hay que ter un acordo entre todo o sector, hoteis, servizos, concello, etc., para facer "paquetes turísticos" que agrupen toda a oferta. É a única forma de valorizar o Destino Turístico asociado as actividades que nel se desenvolven.

Felicitacións a todos os que participaron e organizaron a Feira e que despois dun merecido descanso hai que voltar ó traballo e ir planificando e "creando" novas oportunidades para Noia e por cercanía a toda a bisbarra.

1 comentario: